PERO TI... ES IGUAL CA MIN?

Ola bichiños!! Como estades?
Supoño que xa estaredes nerviosos...que esto remata! Pero so por un pouquiño eh? Descansamos no verán, medramos un pouquechiño máis...e en nada nos vemos de novo no cole! 
Hoxe, para ir despedindo as actividades do blogue, traémosvos unha actividade que fixo unha profe de PT doutro cole que ten un blogue con materiais moi chulos! Podedes botarlle un ollo se vos apetece: https://www.conderechoavolar.com/  Esta actividade en concreto é moi sinxela pero, ao mesmo tempo, axúdanos a traballar unha chea de cousas: a atención, a pronunciación das palabras, a formación de frases… vale para todo!

Mirade como mola:



Como vedes, saen dous cadros con moitas imaxes. O primeiro que temos que facer é nomear cada un dos do mesmo cadro, por exemplo: “No primeiro cadro hai un oso, un amorodo, un neno, un canguro…”. A continuación, podemos buscar relacións entre as imaxes, por exemplo mirade o que pensamos nós “No primeiro cadro, hai un oso e un can...e o can seguro que vai comer o oso!”. Unha vez que falárades un pouquechiño de cada debuxo dos dous recadros vén a parte difícil...que debuxo do segundo recadro é igual ca un do primeiro??? Mirade, mirade...a ver se vós o atopades que nós non sabemos cal pode ser!
Pinchade na imaxe e daravos acceso aos outros recadros para xogar.

Desfrutade moito co xogo e ánimo! Que non queda nada!

Apertas enormes para todas e todos.

Comentarios

Entradas populares