TODO O BO SE ACABA... PERO ISTO CONTINÚA

Ola bichiños!!!

Pois si, chegou ese día tan esperado por algúns e ao mesmo tempo tan temido. Este curso foi rarísimo en moitos sentidos, sobre todo polo feito de non poder despedirnos en condicións e dicirvos á cara o orgullosas que estamos de vós e do voso traballo.
Aínda así, queremos velo de xeito positivo, porque xa pasamos por moito e merecemos unhas vacacións! Polo que vos mandamos aquí a nosa despedida para que, aínda que nós quedemos coas ganas de vervos, vós si poidades vernos a nós e así non esquecernos!
Lembrade que imos estar aquí para todo o que precisedes, xa tedes o noso correo orientacion.cernadas@gmail.com, e estaremos encantadas de saber de vós!

Botádelle un ollo...pinchade na foto e non vos ríades moito!




FELIZ VERÁN PARA TODAS E TODOS!!!

BIQUIÑOS ENORMES DAS PROFES CARMEN, ÁNGELA E FÁTIMA.


Comentarios

  1. Moitas grazas a vós polo voso traballo!
    Bo verán!!!
    da familia de Martín e Lucía Blanco Justo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares