Cazamos serpes e moscas

Ola de novo bichiños!!!
Hoxe traémosvos unha actividade para practicar a pronunciación do son SSSS e do son ZZZZZ
Antes de nada, imos recordar como temos que colocar a lingua e os dentes para pronunciar cada un destes sons:

O S:

Os dentes xuntos, sen que se poida ver a lingua, e deixamos sair o aire. Lembrade! Asociamos o son do S ao da serpe...como fan as serpes?? Sssssssssss

O Z/C:

A lingua entre os dentes, collemos aire polo nariz, e deixamos sair o aire. Acordádevos que asociamos o son do Z ao da mosca... como fan as moscas?? Zzzzzzzzz
Lembrade tamén, que no caso do son Z, poden ser as letras Z (con A, O, U) ou o C (con E, I).

Empecemos entón coa caza!!!
Adxunto vai un documento cunha chea de imaxes de palabras cos dous sons. Imos facer na casa, cos materiais dos que dispoñades, unha “lupa”, por un lado serviranos para buscar as que soan como a serpe, e polo outro as que son como a mosca. Mirade o exemplo da que fixen eu:




Unha vez lista a lupa, temos dúas opcións diferentes:
*Se podemos imprimir:
Imprimimos as imaxes, mezclámolas e buscamos con cada lado as imaxes que corresponden, colocándoas nun recipiente como no exemplo:




*Se non podemos imprimir:
Neste caso, recoméndovos facer unha lupa máis pequeniña, xa que as imaxes están moi xuntas, e poderíamos confundir a cal estamos atrapando. Poñémonos diante da pantalla do ordenador ou da tablet e imos buscando as imaxes, así:


Recordade sempre dicir o nome das imaxes para poder darlles caza e...a desfrutar!!!
Se pinchades na seguinte foto lévavos ao enlace co material.



Biquiños a moreas!

Comentarios

Entradas populares