ATENCIÓN, ATENCIÓN! ORELLAS ABERTAS PARA GAÑAR!!!

Ola bichiños!!
Como estades? Hoxe é o último día da semana…que mañá é festivo, e aínda por riba o luns tampoco temos “clase”! Así que para ir relaxándonos un pouquiño, traémosvos un par de videos de Eugenia Romero, unha profe de AL que vive nas Illas Baleares e fai actividades chulísimas para divertirnos e aprender.
En primeiro lugar, un xogo para traballar a conciencia fonolóxica e a discriminación auditiva. É moi fácil! Simplemente tedes que estar atentas e atentos ás palabras que se van dicindo, e averiguar se soan iguais ou non…seguro que acertades unha chea delas!
Podedes ver o vídeo aquí:

O segundo xogo que se nos presenta, consiste en escoitar unha palabra, aparecen dúas máis, e temos que decidir cal delas sona parecida ou “rima”. Animádesvos a probar? 
Aquí tedes o vídeo:

Agardamos que o pasedes moi ben!!!

Apertas grandes!

Comentarios

Entradas populares