Día do Libro

Sabedes que se celebra hoxe? 
Siiiii, o Día do Libro. Xa vos dixemos en publicacións anteriores o importante que é a lectura, sós ou en familia.
Nós xa estamos un pouco aburridas dos libros que temos na casa, así que, que vos parece crear un conto todos xuntos?

Nós escribimos un inicio un pouco tolo… e o que vos propoñemos é que entredes e escribades unhas liñas que o continúen. 
Animamos a que participe toooodo o mundo: nenos, nenas, mamás, papás, avós, mestres e mestras… TODOS a deixar voar a vosa imaxinación.

Esperamos as vosas ideas tolas, fantásticas, aventureiras, románticas, incribles… todo está permitido. Seguro que nos queda un conto ben orixinal.

Pinchade na imaxe e levaravos a un documento onde veredes o que xa está escrito por outras persoas. Dende ahí dádelle voltas á historia todo canto queirades.


Estamos desexando lervos!

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Comentarios

Entradas populares