Que pasará no ano 3025?

Comezamos unha nova semana, e nós queremos facelo dándovos as gracias pola vosa participación na actividade do Día do Libro. Se algo nos está quedando claro nesta corentena é que xuntos podemos facer grandes cousas.
Se tedes curiosidade por saber como será o mundo dentro de 1005 anos, deixámosvos aquí a idea de futuro que construíchedes. Non soa nada mal...



Atopámonos no ano 3.025, o mundo xa non ten nada que ver co que era no 2.020, todo é diferente, por exemplo os cans…poden voar e teñen visión nocturna!!!!!!
E as persoas poden teletransportarse a outros universos. Un destes unirvesos aos que podemos ir funciona como supermercado e vende de todo: leitugas vermellas, plátanos azuis, carne de dragón… Noutro universo véndense libros, si si, libros que aínda existen, pero son libros de contos e aventuras que teñen as páxinas, con portas do tempo, para poderes entrar e formar parte do conto como unha personaxe e así poder cambiar a historia.
No ano 3025 hai tamén robots intelixentes que teñen emocións e poden tomar decisións. Os reloxos falan e eu aínda existo porque teño 1014 anos. As naves espaciais levan a  xente dun planeta a outro como por exemplo de Marte a Kepler22B e as estradas están restrinxidas a pequenas áreas para pasear. De feito, as estradas flotan no Espacio e hai fortalezas para protexer á Terra dos asteroides que caen. 
Os nenos pasan da escola infantil á universidade e van estudando ao revés.
Un día chegou á Terra a nave da fealdade, era toda negra e tiña forma de tubería. Ninguén sabía que podería saír dela e as persoas discutían sobre que cousas eran feas e que cousas eran fermosas. As persoas máis expertas opinaron, pero non chegaban a un acordo. Alguén dixo que se lle debería preguntar ás nenas e nenos máis novos. Foi entón cando Amalia, de tres anos se lembrou do libro animado no que a súa irmá maior participara facía unha semana, nel a xente do pasado visitaba aos protagonistas cheos de curiosidade. O malo é que mamá non lle deixou ver o final. 
Pero, e se esa nave con forma tan estraña… me transportara a min, que quería voltar á casiña despois dunha viaxe de 1014 anos pola galaxia Andrómeda cargadiño de historias que contar?
Así foi, eu montei nesa nave dirección a Terra, despois de…  non sei cantos anos, porfín cheguei; a nave aterrizou no aeroporto Lavacolla (Santiago de Compostela). Collín un taxi voador e cheguei axiña a miña casa. Para a miña sorpresa a casa non era a mesma, recoñecina, pola porta,que esta, non cambiara e tiña unha pequena raíña que lle fíxera eu xogando anos atrás. Entrei e non había ninguén. Dirixínme ao que fora anteriormente a miña habitación e en lugar de estar a miña cama, o meu armario, o meu escritorio... había un laboratorio!! Lín alguns dos documentos que había enrriba da mesa e todos estaban relacionados co Coronavirus, fixen memoria e recordei que anos e anos atrás, alá polo 2020, hubera unha pandemia global deste virus.
Encheuseme a cabeza de recordos daquela época na que todos tivemos que quedar na casa sen poder ir aos nosos lugares favoritos...nin sequera nos deixaban ir ao cole! Pero aprendemos cousas novas. Entre outras, a xente empezou a xogar a cousas súper divertidas coas súas familias.

Comentarios

Entradas populares