Sentimentos!

Ola de novo cativiños.
Seguro que moitos de vós xa estades cansos de estar encerrados na casa verdade? Esta situación excepcional é dura, e pode provocar en nós emocións de todo tipo. Unha delas é o ENFADO.

Cando estamos anoxados e non sabemos controlar esa emoción, portámonos mal e damos malas contestacións á xente que nos rodea. 
Como podemos facer para controlar eses impulsos?
Mirade neste vídeo como actúa Arturo ante o seu enfado…




Vaia rabecha tiña eh! Credes que actuou ben? Vós como o axudaríades para que se sentise mellor?
É normal que sintamos diferentes emocións: enfado, frustración, alegría, medo… non sempre temos que estar contentos; pero temos que aprender a identificar esas emocións e controlalas, e, sobre todo, pensar na xente que nos rodea para non facerlle dano.

Deixámosvos unha cancionciña que nos ensina como relaxarnos cando estamos furiosos… o truco está en contar ata dez…
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10…






Contádenos como vos sentides estos días. Podedes facelo a través dun debuxo, dun pequeno diario, dunha carta... o que máis vos axude a expresar as vosas emocións.

Unha aperta e sorride, sorride moooooito!

Comentarios

Entradas populares