Xogos interactivos

Ola cativiñ@s!
Supoño que estaredes todos requetefelices por poder saír á rúa polo menos unha horiña. Estamos seguras de que sodes super responsables e cumprides todas as medidas para que estes paseos sexan seguros.
De tódolos xeitos, deixámosvos aquí un recordatorio de parte do Oso Goloso. Pinchade na foto.



Ademais, para que poidades entretervos durante o resto do día na casa, compartimos con vós este enlace onde atoparedes un montón de xogos interactivos para repasar toooodas as materias do cole. Xa veredes canto se pode aprender xogando! "Clicade" na seguinte imaxe e xa vos leva á páxina. A XOGAR!




Unha aperta enorme!

Comentarios

Entradas populares