A hora dos flocos de millo

Ola bichiños!! Como estades?
Hoxe traémosvos unha actividade que seguro que vos gusta moito...ou acaso non vos gustan os flocos de millo??
Este xogo vainos servir para repasar a pronunciación do R forte e o L, e recordar que non debemos confundilos. Para isto, atopámonos con dous botes de flocos de millo, un para o R e outro para o L, e unha chea de floquiños con diferentes debuxos que tedes que observar moi ben.

Debemos ir mirando cada floco e dicindo o seu nome en alto, para poder colocalo no seu bote correspondente. Recordade que non sempre ten que empezar por R ou L, senón que tamén poden levalo no medio. Fixádevos nestas que atopamos nós:

Como vedes, no bote do R puxemos “rojo” e torre, e no do L limón e maleta.
No caso de que non poidades imprimir o material, xa sabedes! Botádelle imaxinación usando rotus de cores, ou incluso con dous bonecos que teñades na casa para que cada un coma os flocos dunha letra...
Agardamos que o pasedes xenial!!
Pinchade na seguinte foto para acceder ao material.



Comentarios

Entradas populares