CIRCUÍTOS DO COCHE E DA SERPE

Ola bichiños!!!
Hoxe traemos unha actividade que seguro que algún e algunha de vós xa bota de menos…os circuitos do coche e da serpe!
En primeiro lugar temos os coches. 

Lembrade! O coche precisa combustible para poder avanzar polo circuito, e neste caso, o noso combustible é o aire que collemos polo nariz. Así que…collemos aire polo nariz…colocamos a lingua e a boca para facer o son RRRRRR do coche, ou o BRRRR cando o forte non nos saia, como facíamos no cole! Ao chegar a cada gasolineira, lembrade xuntar o son do coche con cada vogal e respostar o aire!
Sigamos coa serpe.

Igualiño que cos coches, collemos o aire polo nariz, xuntamos os dentes sen que se vexa a lingua e….SSSSS. Neste caso, a serpe necesita papar unha mosca para ter enerxía para seguir nadando polo río, ánimo que chegades á meta!
Como esta actividade xa a coñecedes ben, podedes facer os vosos propios circuitos, copiar estes, ou tamén imprimir os meus se vos gustan, podedes descargalos premendo aquí

Botádelle imaxinación e a pasalo xenial!

Biquiños a moreas!!!

Comentarios

Entradas populares