DEBUXO DESCOMPOSTO

Agora que xa se pode estar en pequenos grupos cos amigos e coa familia, queremos propoñervos que probedes a facer este xogo tan divertido. Seguro que vos rides un montón co resultado.

A dinámica é súper fácil. Tedes que colocarvos en "fila india" uns detrás dos outros. Unha persoa debe facer un debuxo nun papel e darllo a quen ocupe o último lugar da fila. Este deberá "debuxar" co dedo o que ve no papel nas costas da persoa que ten diante, e así sucesivamente. O primeiro da fila debuxará tamén nun papel o que o compañeiro lle representou nas costas.
Agora comparade o debuxo inicial con este, seguro que cambia un montón.

Neste vídeo podedes ver a un grupo de rapaces facéndoo, así será máis doado entender como xogar.



Xa nos contaredes se vos gusta! Podedes mandarnos fotiños dos debuxos, de como cambiou do primeiro ao último. Encantaranos velos.

Comentarios

Entradas populares