E TI… DE QUEN VES SENDO?

Ola de novo bichiños! Como foron eses días de descanso?
Hoxe traémosvos un xogo novo para practicar con vocabulario e relacionalo…queredes velo?
En primeiro lugar ides atoparvos cunhas tarxetas “xefas”, que nos van contar que grupos de palabras temos:

Como vedes, imos ter que buscar COMIDAS, ANIMAIS, ROUPA e XOGUETES.
Temos un montonazo de imaxes! Así que lle imos ter que pedir axuda a algún adulto se vemos que son moitas para nós! E pouquiño a pouquiño, como sodes unhas campeonas e campeóns, poderase ir aumentando o número delas para clasificar.
Colocámolas remexidas no chan ou nunha mesa grande:

E despois, simplemente temos que colocar cada unha coa “familia” que lle toque:


Como vedes, é moi fácil e divertido!!!
Recordade, que se non temos a opción de imprimir o material, podemos traballar tamén dende a pantalla do ordenador ou da tablet, como xa fixeramos na caza de moscas e serpes…aquí vos deixo un exemplo do que podemos facer usando cores ou rotus:


Outra técnica que podemos facer, se na actividade da caza fixemos as lupas laranxa e verde, é fabricar dúas máis de cores amarela e azul, como máis vos apetezca!
Recordade sempre dicir en alto o nome das imaxes que imos clasificando…que a Señora Lingua está atenta dende o cole a canto practicades!!!
Agardamos que disfrutedes moitísimo da actividade, contádenos que tal foi!
Se pinchades na seguinte imaxe accededes ao material.




Unha morea de apertas!!!

Comentarios

Entradas populares