Historia dun ourizo

Ola cativiños e cativiñas.
Hoxe traémosvos unha pequena tarefa para traballar o valor da inclusión. E que é a inclusión
Pois é entender que todas as persoas temos trazos que nos fan diferentes, pero estes non deben ser un motivo para segregar ou deixar a esas persoas de lado, senón velo como algo positivo, como fonte de riqueza.
O respecto polas diferencias fará que sexamos máis tolerantes e aceptaremos que toooodo o mundo nos pode aportar cousas boas.
Todos somos diferentes? Si, pero tamén todos somos iguais.
Vede este curto, que nos ensina, precisamente, o valor da inclusión.
Logo premede na foto e iredes ás tarefas.



Verdade que a todos nos gusta sentirnos queridos e respectados polos demais? Pois nós temos que facer o mesmo.
Recordade que podedes enviar as vosas actividades ao correo do departamento.
Un super achuchón.

Comentarios

Entradas populares