Imos facer... pompas de xabón!

Ola bichiños!!!
Como estades? Supoño que con estes días de tanta calor, e agora que xa podemos sair un pouquiño, estaredes aproveitando para pasear, ir á praia ou ata mollarvos coa mangueira na casa!
Non sei a vós, pero a mín encántame xogar coa auga, así que hoxe traémosvos unha actividade para facer pompas de xabón e así practicar tamén o sopro… apetécevos? Imos!!!
Para comezar, imos ver os materiais que precisamos:

  • Un vaso de auga.
  • Medio vaso de deterxente líquido ou lavalouzas.
  • Unha culler, pau, garfo… o que sexa para remexer!
  • Unha xerra para botar a mezcla.
  • O cartón dun tubo de papel hixiénico acabado.
  • Ganas de pasalo ben!!!!


Mezclamos todo na xerra ata que non se diferencie o auga do xabón, mollamos o cartón …e sopramos!!!

Mirade como queda!!!!


Lembrade! Collemos aire polo nariz….aguantamos un pouquechiño…e botámolo pola boca facendo un O cos beizos, pouco a pouco.
Agardamos que o pasedes moi ben e aproveitedes o xogo coas pompas para refrescarvos un pouquiño…por aquí acabamos perdidiñas!
Biquiños a moreas!!!

Comentarios

Entradas populares