Letras Galegas 2020

Este domingo, 17 de maio, celebraríase o día das Letras Galegas. Como sabedes, cada ano nesta data, homenaxeamos a unha persoa que destacou por escribir libros no noso idioma ou pola súa defensa da lingua galega.
Este 2020, debido ao estado de alarma, a celebración aprázase por primeira vez na historia ao día 31 de outubro, o día seguinte ao 110 aniversario do nacemento do noso homenaxeado este ano, Carvalho Calero.

Sen embargo, nós non queremos pasar sen falar un pouquiño del.
Para que o coñezades mellor deixámosvos este xogo interactivo. Teredes que ir resolvendo unha serie de retos para conseguir información. Atrevédesvos? Podedes ir anotando todo o que descubrades nunha libretiña. Xa veredes que divertido.

Ademais, deixámosvos aqui abaixo un contiño escrito por este autor: "As pitas baixo a choiva" para que o leades. É un relato breve que conta unha anécdota de cando Carvalho Calero era un neno. Vaivos encantar. Logo podedes vós escribir algunha anécdota que vos acontecese de pequenos e facérnola chegar ao noso correo! Quen sabe... igual algún día a publicades nun libro.




Comentarios

Entradas populares