VERDADEIRO OU FALSO?

Ola bichiños!
Recordades que houbo unha vez que vos falamos da profe de AL Eugenia Romero? Pois hoxe traémosvos unha actividade moi chula que fixo ela para xogar a ser detectives... aproveitade para sacar as vosas lupas!
Imosvos dar algunhas láminas onde se din cousas que ben poden ser VERDADEIRAS ou FALSAS...seredes quen de averigualo?
Mirade esta:

É certo? Pensade, pensade... 
Se pinchades encima desta imaxe accededes ao resto de láminas.
Para marcar o voso veredicto, temos dúas opcións! Podedes usar os ticks verdes e as cruces vermellas para poñerlle enriba (podedes descargalos pinchando aquí), ou ben usar as lupas que xa tiñamos feitas das outras actividades...que vos parece? Animádesvos a probar? 
Moito ánimo, confiamos en vós para averiguar se Eugenia nos engana moito ou so un pouquechiño!
Agardamos que desfrutedes.
Biquiños a moreas! 

Comentarios

Entradas populares