VEXO VEXO... UN XOGO PARA FALAR

Ola bichiños!
Hoxe traémosvos un xogo moi divertido e que seguro que moitas e moitos de vós coñecedes, o “vexo-vexo”
Para xogar, temos que escoller algo que teñamos á vista, e irlle dando pistas a outra ou outras persoas para que adiviñen do que estamos falando. Poñamos un exemplo:


Escollo unha imaxe da anteriores e douvos unha pista...”Vexo, vexo...unha cousiña que empeza polo son RRRRRR”. Sabedes o que é? Non? A ver outra pista... “é algo que lle damos a outra persoa cando está de cumpreanos”. A que agora xa sabedes? Si! É o regalo!!!
Como vedes, podemos usar pistas diferentes para axudar aos demais a adiviñar que é o que estamos vendo: pistas sobre como soa o seu nome, sobre a súa cor, para que serve...
O que máis mola deste xogo é que podemos facelo cando e onde queiramos, so hai que ter cousas que ver! De tódolos xeitos, deixámosvos por aquí algunhas láminas para que vos vaiades guiando, como no exemplo que puxemos. Pinchade na imaxe de "veo-veo".

Ademais, aquí tedes un vídeo de Eugenia Romero para que xoguedes con ela e así entendades un pouquechiño mellor o funcionamento desta actividade: 


Agardamos que o pasedes xenial!

Comentarios

Entradas populares