Dados creahistorias!

Para rematar a semana traémosvos un xogo super divertido. Coñecedes os dados creahistorias? Son uns dados que, en vez de ter números, teñen debuxos en cada unha das súas caras. O xogo consiste en tirar varios dados, e logo inventar unha historia na que aparezan todas palabras que saíran.
O máis importante deste xogo é deixar voar a imaxinación e inventar historias super divertidas.

Se pinchades na imaxe accededes a 3 dados que creamos para vós. Tedes que recortalos e montalos, dobrando e pegando polas solapas, asi tamén traballamos un pouquiño a motricidade.
Logo tirade os 3 dados e sede todo o creativos posible.



Tamén vos deixamos un vídeo para que vexades como se fai un dado con papel ou cartolina, por se vos animades a crear os vosos. Pinchade aquí para velo.


Queremos ler as vosas historias, asique podedes envialas ao noso correo: orientacion.cernadas@gmail.com

Comentarios

Entradas populares