E SE FACEMOS UN BATIDO?

Ola bichiños!

Como sabedes, o verán vai chegando pouquiño a pouco e imos cambiando os nosos hábitos. Poñemos roupa máis fresca, deixamos ventás abertas, os días son máis longos...e cambiamos as bebidas quentes polas frías. A quen non lle gusta un bo batido ou un zume de froitas fresquiño?

Hoxe, propoñémosvos unha actividade para facer batidos pero...non se pode botar calquera cousa nas batedoras! Fixádevos ben!



Como vedes, temos dúas batedoras: unha para o son S e outra para o son Z. Lembrade que eses sons poden ir ao inicio das palabras ou tamén polo medio, e que as letras Z e C soan iguais ás veces!

Mirade un exemplo de como mezclamos os ingredentes!



Agardamos que desfrutedes facendo estes batidos tan veraniegos e que, de paso, aproveitedes para repasar o son destas letras coas que tanto traballamos!

Podedes descargar os materiais para xogar na casa  PINCHANDO aquí

Biquiños a moreas!!!

Comentarios

Entradas populares