FOISEME A PINZA... PONA NO SITIO


Ola bichiños!!!

Hoxe traémosvos unha nova actividade para traballar o que se denomina “conciencia fonémica”, é dicir, recordar que son fai cada letra...queredes ver como vai?
Botádelle un ollo!



Como vedes, temos unha imaxe e tres letras ou sons...teremos que pensar cal é o son polo que empeza cada unha das imaxes, e colocar a pinza onde corresponda, tal como vedes na foto. No caso de que non poidades imprimir, xa sabedes...botádelle imaxinación! Calquera cousa vale para marcar cal é o son axeitado.

Podedes descargar os materiais pinchando aquí


Agardamos que disfrutedes moito!

Unha aperta enorme!

Comentarios

Entradas populares