ORIGAMI

Coñecedes o origami? Ao mellor non por este nome, pero se vos digo papiroflexia seguro que a todos se vos ven algo á cabeza non?
Pero que é realmente o origami ou papiroflexia? Pois trátase dun arte que se orixinou en Xapón fai miles de anos, e que se centra en dobrar papel de diferentes formas para que se acabe convertendo nunha figura.
Fai tempo, só os nobres e ricos podían practicar o origami, porque o papel era moi caro, pero hoxe en día penso que todos temos algún papeliño pola casa, non credes?

Ademais, facer figuras de origami ten un montón de beneficios:
-Mellora a coordinación.
-Favorece a capacidade de atención.
-Estimula a imaxinación.
-É relaxante.
-Fortalece a autoestima.
-Activa a memoria.
-Axuda a pasalo xenial.

Que opinades? Unha pasada non? Pois deixámosvos por aqui un exemplo para que practiquedes. A ver de que sodes capaces.






Comentarios

Entradas populares